Lagar rupestre da modalidade de pisado localizado nunha paraxe coñecida como A Portela, descuberto por Eduardo Castro. Aparece escavado sobre un afloramento granítico natural que sobresae do chan pouco máis de 1 m no punto máis desfavorable. O lagar, que pertence á tipoloxía de pisado, presenta un calcatorium ou estanque principal no que se perciben os negativos dunhas espaldeiras hoxe desaparecidas. O espazo de pisado conta cun conduto que permitía decantar o mosto nun pío ou lacus de forma semicircular imperfecta.