Templo levantado en estilo barroco popular que presenta nave e presbiterio máis elevado. Fachada austera coroada por unha sólida espadana rematada en pináculos e cruz sobre pinche. Segundo Rodríguez Colmenero “o cornixamento áchase coroado por pináculos de excelente feitura. Máis que dun conxunto monumental, que non o é, dadas as dimensións, trátase dunha obra ben feita”.