Antigo templo parroquial construído, probablemente, no século XVII que estivo en uso ata mediados do século XX. Á súa beira sitúase unha orixinal fonte e lavadoiro con piar central. En maio do ano 1934 unha tormenta deixou na vila "abundante pedrisco que causó grandes perjuicios en las cosechas. En la torre de la iglesia cayó una chispa, destrozándola".