Elaboración do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible «PACES»

Plan de mellora de camiños municipais 2021-2022
18/10/2021
Show all

Elaboración do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible «PACES»

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de financiar con 3.000 € a elaboración dun Plan de acción para o clima e a enerxía sustentable (PACES) do Concello de Cualedro. Proxecto é cofinanciado nun 100%, ao abeiro da Orde do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da segunda convocatoria para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

O Concello de Cualedro adheriuse, de forma voluntaria a iniciativa europea “Pacto das Alcaldías para o clima e a enerxía”, asumindo así os obxetivos en materia de mitigación de emisiones de GEI e adaptación ao cambio climático definidos no novo marco de actuación en materia de clima e enerxía que a UE traslada.

O Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía consiste no compromiso dos concellos

signatarios de facer propios os obxectivos da Unión Europea para o ano 2030 e reducir as emisións de CO2 no seu territorio en, polo menos, o 40 % a través de medidas de eficiencia enerxética e dun maior uso de fontes de enerxía renovable, traballando pola súa vez na implantación de medidas de adaptación ao cambio climático e aumento da resiliencia fronte a este, así como un aumento da cooperación coas autoridades locais e rexionais similares na UE e fóra dela para mellorar o acceso á enerxía segura, sustentable e alcanzable.