AUGAS DE GALICIA concedeulle unha subvención de 42.000 euros ao Concello de Cualedro ao abeiro da Resolución do 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, para o proxecto “SANEAMENTO EN PENAVERDE” con cargo á conta financeira 6566 (subvencións de capital a corporacións locais) da entidade pública empresarial Augas de Galicia, dotada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do eixe REACT UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
A finalidade desta subvención é axudar aos concellos responsables de sistemas de abastecemento na execución das infraestruturas necesarias para o funcionamento óptimo dos sistemas de abastecemento, que permitan reducir ao máximo a vulnerabilidade da poboación abastecida desde eses sistemas, e axudar aos concellos responsables de sistemas de saneamento e depuración na execución de actuacións de modernización e aumento da eficiencia e eficacia das instalacións existentes ou na construción de novas infraestruturas, contribuíndo con iso á mitigación do cambio climático.