Ás 9:30 no CEIP Vicente Risco do Concello de Cualedro temos unha actividade moi especial para recuperar e protexer o noso entorno despois dos incendios.
Primeiro, falaremos cos peques do cole sobre o que pasou e como podemos coidar o monte entre todos.
Logo iremos ata o campo de fútbol para deixar comida e auga para os animais que quedaron sen recursos.
E tamén repartiremos palla para evitar que a cinza contamine a auga.
Un día para aprender, axudar e facer comunidade
Se queres botar unha man ou simplemente compartir, xa sabes: o monte é de todos!