


O Concello de Cualedro, ante a grave vaga de incendios que sufrimos recentemente e que causou importantes danos materiais e ambientais, quere agradecer a inmensa solidariedade mostrada pola veciñanza e por persoas de toda Galicia.
Para canalizar esa axuda e facilitar as contribucións voluntarias, habilitouse un número de conta solidaria destinado á recuperación das zonas afectadas e ao apoio das persoas damnificadas:
Número de conta: [ES46 2080 0426 3830 4000 6909]
Titular: Concello de Cualedro
Concepto: Aportación solidaria incendios 2025
Toda achega, por pequena que sexa, será empregada con total transparencia e responsabilidade para reconstruír o que o lume levou e para devolverlle á nosa terra a dignidade que merece.
Agradecemos de corazón a vosa colaboración.
Cualedro non se rende. Xuntos, renacemos.
En Cualedro, a 19 de agosto de 2025
O Alcalde,
Luciano Rivero Cuquejo