
Dous cursos gratuítos con certificado de profesionalidade na comarca de Verín
10/09/2026Contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, cofinanciada pola Unión Europea
O Concello de Cualedro é beneficiario dunha subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2026.
A actuación consiste na contratación dunha persoa traballadora coa categoría de peón forestal, integrada na Brigada de Desbroces e Mantemento Municipal, para a realización de labores de desbroce e de reparación e mantemento das infraestruturas municipais.
O obxectivo principal destas axudas é mellorar a cualificación das persoas mozas para que adquiran as competencias profesionais e técnicas necesarias para acceder ao mercado de traballo. O resultado que se pretende acadar é a mellora da súa empregabilidade e a súa integración sostible no mercado de traballo.
A actuación está cofinanciada nun 60 % pola Unión Europea, no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, Prioridade 5 «Emprego xuvenil», co obxectivo de mellorar o acceso ao emprego e favorecer a empregabilidade das persoas mozas desempregadas.
Identificación da actuación
- Entidade beneficiaria
- Concello de Cualedro
- Organismo concedente
- Consellería de Emprego, Comercio e Emigración — Xunta de Galicia
- Normativa reguladora
- Orde do 22 de maio de 2026
- Actuación
- Contratación dunha persoa traballadora coa categoría de peón forestal, integrada na Brigada de Desbroces e Mantemento Municipal
- Cofinanciamento
- 60 % pola Unión Europea — Programa FSE+ Galicia 2021-2027, Prioridade 5 «Emprego xuvenil»



