Este sábado vivimos unha xornada chea de emoción e esperanza na Aldea Modelo de Carzoa. A comida foi todo un éxito, cunha degustación dun xato criado nestas terras, símbolo de sustentabilidade, calidade e respecto pola tradición. Quedou patente a simbiose entre o gandeiro do Concello e os veciños, con esforzo e compromiso, manteñen limpo e vivo o seu territorio. Un exemplo de colaboración real, de amor pola terra e de futuro compartido.