

O Concello de Cualedro informa que, debido á vaga de incendios sufrida este mes de agosto e á previsión de próximas chuvias que poderían arrastrar cinzas e residuos cara aos mananciais, a auga da traída podería non ser potable.
Por este motivo, recoméndase evitar o seu consumo ata novo aviso.
Agradecemos a comprensión e colaboración da veciñanza. Seguiremos informando a través dos nosos canais oficiais.
