Hoxe tivemos unha reunión moi especial con Galicia 3D Patrimonio Vivo e a Sociedade Cooperativa Xeitura.
Estamos a dar os primeiros pasos nun proxecto ilusionante co obxectivo de recuperar, preservar e dar a coñecer o patrimonio histórico e arqueolóxico do Castro de Saceda, en Cualedro—declarado Ben de Interese Cultural (BIC).
Grazas ás tecnoloxías dixitais máis innovadoras, traballaremos nunha recreación en 3D e nun vídeo inmersivo en 360°, que permitirán ofrecer unha experiencia educativa, interactiva e visualmente espectacular.
Un paso máis para poñer en valor o noso pasado… mirando cara o futuro!