Subvencións a concellos e mancomunidades destinadas á adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos a persoas dependentes ou persoas con discapacidade.

Plan de mellora de camiños Rurais 2023-2024 (EXP. PM23-0040)
09/10/2023
Polígono agroforestal e aldea modelo
13/12/2023
Mostrar todo

Subvencións a concellos e mancomunidades destinadas á adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos a persoas dependentes ou persoas con discapacidade.

A Consellería de Política Social e Xuventude, con data 09/10/2023 concedeu ao Concello de Cualedro unha subvención ao abeiro da RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 28 de setembro de 2023 da concesión de subvencións destinadas a concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para a adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos destinados a persoas maiores, a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia (código de procedemento BS631G).