
Quero iniciar o meu mandato municipal dándovos un agarimoso saludo a todos, en especial a aqueles que tiveron que emigrar fora destas terras e están en comunicación connosco a través de este medio
chamado Internet, que fai posible o achegamento e a obtención de noticias da nosa terra de forma moi doada.
Nas ultimas eleccións presenteime coma candidato por primeira vez, e os meus veciños déronme a maiorÃa absoluta, espero non defraudalos e darlle un impulso ao concello co meu mandato, sirva como exemplo esta iniciativa de inaugurar unha Páxina Web Oficial, para demostrar que apostamos polas novas tecnoloxÃas e queremos aportar aire fresco ao concello e facer novos proxectos, de seguro que a esta actuación seguirán outras moitas para dinamizar a nosa comarca.
Son consciente de que a miña nai, Marina, deixou o listón moi alto e só pretendo, como mÃnimo, chegar a ser tan bo gobernante e tan querido como foi ela, a que a todos vós, veciños e veciñas, agradezo de todo corazón o apoio que lle mostrastes sempre, tanto electoralmente como nos peores momentos da súa vida, a todos gracias.
Luciano Rivero Cuquejo
Alcalde de Cualedro
