Rutas turísticas

No alto de As Estivadas (848m) tómase un desvío a dereita, nuns 5 km se chega a a Cualedro, toda a superficie do concello e alta e montañosa, xerarquizada pola serra do Larouco hacia o sur e polos montes de Baldriz cara o norte, a villa de Cualedro encóntrase na divisoria das augas do Limia e do támega.

Dende o cnetro da vila sae unha carretera a Vilar de Lebres, núcleo no que se encontra unha iglesia románica con portada de dous pares de columnas, con porta no muro meridional, un ábside rectangular cos canzorros e ventana do mais puro estilo románico.

De volta en Cualedro, tomamos a carretera en dirección A Xironda, dende donde se pode visitar o Castro da Saceda. Para chegar a él, desóis de ver a os 7,5km a dereita, a carretera para Saceda (8km), seguindo uns 500 metros, tomase a dereita, unha pista dende a que se ve o castro.

O castro da Saceda ocupa a parte occidentel dun monte, conservanse os muros ciclopeos, casas circulares e rectangulares, portalons de entrada, etc...

Despóis de pasar por A Xironda (12km), collemos a carretera en dirección o Castro de San Millán (15km), situado no marxen esquerdo, o final da ruta é Medeiros, dende onde se pode ir a necrópole de San Salvador de Roza, seguindo 0,5km pola carretera de San Martiño e desviándose a esquerda por unha posta (0,5km).

Tamén pasa po este municipio o CAMIÑO DE SANTIAGO, concretamente ven dende o concello de Albarellos de Monterrei, pola súa localidade de Infesta, de alí entra no municipio de Cualedro e pasa polos lugares de Rebordondo e Penaverde, seguindo despóis cara As Estivadas, deixando o municipio para continuar cara Xinzo de Limia.


Copyright © 2010 Concello de Cualedro · Aviso Legal · Theme by · Adapted by + Ordenadores Verín
Inicio Back To Top