Igrexa rural de nave única, presbiterio e sancristía, de planta sensiblemente rectangular e cuberta de tella cerámica a dúas augas sobre muros de cantaría. A fachada está coroada por unha espadana de escasa altura para dúas campás. Atópanse elementos decorativos propios do barroco compostelán, aínda que empregados sen moita profusión.
A data máis segura de construción é o s. XVII, aínda que probablemente sobre unha base románica preexistente.
Está situada na parte alta da aldea, nunha posición elevada e dominante sobre o Val dos Regos.