Descargue a Guía de castros de Galicia e do noroeste de Portugal da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.
Visite tamén galería de imaxes en alta resolución do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa.
PARROQUIA DE ATÁS (Santa María):
O Cruceiro de A Saúde, que data do S.XIX, construído sobre rocha, pedestal rústico e varal cilíndrico con estrías, capitel de dous corpos e cruz de perfiles rectangulares con crucificado.
A Casa Reitoral, S.XVIII-XIX, preséntanos muros de sillería en seco e planta en escuadra en torno a un patio que se pecha con cerca de sólidos sillares e portalón con cornisa e remates de cruz e pirámides, con vertente a catro augas, fortín en ángulo e escaleiriña exterior de pedra.
Ermida de A Saúde, S.XVII-XIX, formada por muros de sillería e planta rectangular, ábside lateral semicircular, porta adintelada na fachada, sobre pequena espadaña rústica con arquitrabes no arranque da volta do arco e remate de cruz de pedra.
PARROQUIA DE BALDRIZ (San Bartolomé):
Igrexa de San Bartolomé de Baldriz: S.XIX, con planta rectangular, presbiterio máis elevado, porta adintelada e aletóns e espadañas de dous corpos.
Esta parroquia conta cunha extensa área de recreo, con bancos e mesas, asadeiros típicos e lagoas para divertimento dos rapaces. Unha das vistas máis fascinantes desta comarca é a que se divisa dende o alto de Cualedro.
PARROQUIA DE CARZOÁ (San Roque):
Igrexa de Carzoá, S. XIX, neoclásico, con muros de sillería con planta rectangular e presbitero máis elevado (é posterior), en fachada porta de arco de medio punto de grandes dovelas, sobre ático espadaña de arcos xemelgos con arquitrabado no tercio superior prolongado en frontón agudo con vano e remate de cruz de pedra.
PARROQUIA DE CUALEDRO (Santa María):
Igrexa nova de Cualedro: a fachada reproduce a planta basilical de tres naves; está dotada de tres hornacinas. Campanario de dous pisos con arcos de medio punto rematado en cruz.
Cruceiros: Cualedro posee dous cruceiros, un de eles corresponde ó S. XIX, e consta de pedestal cúbico, varal cilíndrico, capitel xeométrico e cruz sinxela de extremos escindidos.
O outro, do S.XVIII, manierista, sitúase sobre unha grada, consta dun pedestal con inscripcións, varal cilíndrico e capitel xónico, piedade na cruz de brazos cilíndricos.
PARROQUIA DE LUCENZA (Santa María):
Igrexa parroquial: S.XVIII, Neoclásico, muros de sillería isódoma e planta rectangular con edificio moderno. No muro sur apréciase unha porta de arco de medio punto cun gran bocel e banda apeando en impostas con banda rectilínea a modo de alfiz con arquitrabado superior, encima unha hornacina. Espadaña dun corpo con dous arcos xemelgos arquitrabados no seu tercio superior e prolongado nun frontón con vano en arco.
Capela de A Saceda: Muros de sillería e planta rectangular, fachada con porta adintelada, orificio en forma de cruz grega.
PARROQUIA DE MONTES (Santa Baia):
Igrexa parroquial, de estilo barroco, muros de sillería e planta rectangular con presbiterio; na fachada porta adintelada con molduras no dindel e na parte inferior das xampas, pequena espadaña. Torre con arcos de medio punto sobre impostas.
Casa reitoral, S.XIX, muros de mampostería e sillarexo, de planta rectangular, restos de balcóns sobre pilares con ménsulas de perfil ondulado.
Capela de Santa Baia, S.XIX, muro de mampostería, de planta rectangular, en fachada, porta adintelada con ventanucos laterais, sobre ático espadaña de arco con machóns grosos ata un arquitrabe e más finos no arco, remate de cruz de pedra.
Capela de S.Martiño, ano 1841, neoclásico, con muros de sillería e planta rectangular, na fachada porta adintelada, sobre pequena espadaña rústica con arquitrabes no arranque da volta do arco e remate de cruz de pedra.
PARROQUIA DE REBORDONDO (San Martiño):
Igrexa parroquial: S.XVIII-XIX. Neoclásico. Muros de sillería con encintado, planta rectangular e presbiterio máis elevado, fachada con porta adintelada con banda lisa, espadaña dun corpo de dous arcos xemelgos con remates en cruz e pirámides de bolas.
PARROQUIA DE SAN MILLAO (Santa María):
S.XIX. Muros de sillería e presbiterio máis elevado, fachada con porta adintelada e arco de descarga de medio punto, sobre o ático, espadaña de dous arcos xemelgos con banda baixo o cimacio, con cruces e pirámides de bola.
PARROQUIA DE VILELA (Santiago):
Igrexa de Vilela, S.XIX de planta rectangular, con presbiterio máis elevado.
PARROQUIA DE A XIRONDA (San Salvador):
Igrexa parroquial: S.XVII e XVIII, de estilo manierista e barroco, muros de sillería en seco e planta rectangular con presbiterio, en fachada, porta de arco de medio punto de grandes dovelas encadrada por dúas columnas de fuste estriado sobre basas paralepípedas que enlazan un frontón rústico de corte clásico con orificio circular no tímpano. Espadaña dun corpo de dous arcos xemelgos con arquitrabe en tercio superior prolongado en ángulo agudo con vano en arco.
Peto de ánimas: no corpo principal, hornacina de medio punto enmarcada por pilastras, con motivos decorativos como almofadillados, triglifos e metopas decoradas con rosetas o remate de pináculos. Dentro da hornacina atópase a Virxe do Carme co hábito da Orde, portando escapularios. Na zona inferior aparecen duas ánimas e a ambos lados as figuras dun bispo e un Papa recubertas polas chamas do Purgatorio.
Capela de San Ciriaco: S. XVIII. Muro de sillería irregular e planta rectangular con presbiterio, no muro sur porta de arco rebaixado, en fachada, porta adintelada e espadaña sobre ático elevado, dun arco con remates de pirámides de bolas e cruz de pedra.
