Localización

Cualedro en Google Maps. Pode ver máis mapas na sección de Enlaces.

Vista aéreaSituado nunha estreita franxa de terreo elevado, enmarcado pola depresión de A Limia ó oeste, e o val de Monterrei ó este, pódense distinguir dúas grandes unidades: unha zona montañosa vertebra o territorio de N a S, e ós seus pés, a penichaira, que se extende cara o este. A zona montañosa está formada polo bloque granítico da Serra do Larouco.

Cunha superficie de 117,5 km2 é unha poboación de aproximadamente 2745 habitantes está formado polas seguintes parroquias: Atás (Santa María), Baldriz (San Bartolomé), Carzoá (San Roque), Cualedro (Santa María), Lucenza (Santa María), Montes (Santa Baia), Rebordondo (San Martiño), San Millao (Santa María), Vilela (Santiago), A Xironda (San Salvador).

Desde o Sur (1.397 m en O Farrelo), ata o Norte a altitude descende ata 849 m, o alto das Estivadas, destacando os montes de Baldriz que forman divisoria de augas entre as cuncas do Limia e o Támega.

Nos cumios, enormes bolas de granito, resultado da diaclasación, emerxen cara as alturas, que dominan a segunda unidade de relieve diferenciada, o altiplano, que na súa caída cara o val, limita o seu poder erosivo e forman pequenos vales abertos, configurando un pequeno outeiro.

PaisaxeO territorio funciona como un área de diverxencia de augas que verten a tres cuncas: a do Limia (Caseiro, Porto e Tarañeira), a do Támega (río Baldriz) e a do Bubal (Pinchos e Muiños).

Dada a altitude, o clima é frío no inverno e fresco no verán. A temperatura media anual é de 12ºC e a precipitación de 1200 ml incluso con niveis invernais.

Os incendios forestais acaban coa vexetación orixinaria, formada por carballos, castiñeiros e bidueiros, aínda que se conservan extensas manchas, coexistindo cos piñeirais de repoboación.

A actividade económica baséase na gandería bovina, ovina e porcina, no cultivo de patacas, centeo, forraxes... Inténtase recuperar a actividade textil artesanal e constátase unha explotación de canteiras.

As súas coordenadas oscilan entre os 41º 59' Norte e os 7º 46' Oeste, sendo a superficie total que ocupa 117'5 km2 e resultando, deste xeito, un dos máis extensos da provincia.

O concello e cruzado pola carretera N-525 e tamén pola Autovía das Rías baixas A-52, enlazando as dúas vías coa provincia de ZAMORA por un lado e con PONTEVEDRA polo outro.

 


Copyright © 2010 Concello de Cualedro · Aviso Legal · Theme by · Adapted by + Ordenadores Verín
Inicio Back To Top