Historia

Parque eólicoCualedro, o mesmo que a súa comarca, estivo densamente poboada dende antigo, e así o evidencian os abundantes filóns megalíticos e castrexos. Durante o medievo, o mosteiro de Celanova e as Ordes militares exerceron sobre o territorio municipal a súa xurisdicción prioral. Xa na Idade Media pertenceu ó Condado de Monterrei, e en 1.710 a Torre de Lucenza transformouse nun forte durante a guerra hispano-portuguesa.

Cualedro foi un dos poucos concellos ourensáns cun crecemento demográfico continuo dende principios do século ata 1.960. A partir de entón a emigración aumentou e, aínda que en 1.986 houbo certa recuperación (5.776 habitantes), a perda de poboación foi progresiva ata a actualidade.

Tan só o 29,27 % da poboación é activa. As actividades agropecuarias son as máis importantes tanto pola que ocupan (50,5 %) como pola extensión do espacio cultivado (31,6 % da superficie total). As hortas e unha agricultura intensiva de orientación comercial compleméntanse cunha gandería extensiva de orientación comercial, contémplase cunha gandería extensiva diversificada, na que predominan as cabanas ovina-caprina, seguida da bobina de granxas avícolas de máxima produción.

Localízanse no concello diversas canteiras de granito, e dita explotación, xunto con algúns pequenos obradoiros ocupan o 6,09 % da poboación activa.

Pola Xironda, próxima á raia fronteiriza, pasan dous dos principais camiños antigos a Portugal, país co que manteñen bastantes relacións, o que inflúe en certo desenvolvemento dos servicios, que empregan o 26,6 % da poboación activa.

Os primeiros vestixios de presencia humana nestas terras datan entre os 4500 e 3500 anos e consisten en enterramentos tumulares chamados mámoas ou dólmens, encóntranse na marxe dos termos de Saceda de Lucenza.

No lugar da Xironda atópase a gran vila romana de O Viduedo e tamén e moi coñecido o castro de San Millao, seguen toda clase de vestixios coma O Madorriño, Pedra Mouriña, Cortiñas da casa da neve, Bendeiro e Farrelo, multitude de igrexas e importantes restos arqueolóxicos.

Pódense citar como rutas culturáis a parroqia de Lucenza, que ten vestixios de habitacions alfar de tipo medieval, na Saceda podemos atopar un magnífico castro e tamén restos de murallas, de vivendas, alimentos, moedas, etc...
 
Na Xironda, a citania "Citá de Grou", e un magnífico forno comunal moi ben conservado, que sirve de mostra de arquitectura popular, un belo "peto de ánimas" perfectamente labrado e unha igrexa digna de visitar.

Ademais a vista panorámica hacia o Larouco, serra de carácter sagrado, emagnífica e, a veces, no cumio da serra faise unha romaria o "Deus Larouco" de gran interés etnográfico. O chegar a San Millao accedese a "Cidá do Castro" onde se observan as murallas da cidade antiga.


Copyright © 2010 Concello de Cualedro · Aviso Legal · Theme by · Adapted by + Ordenadores Verín
Inicio Back To Top